Socialistas de Arteixo

View Original

Despois de reunirse coa nova Asociación de Veciños da Catuxa-Figueiroa, Martín Seco pon de manifesto a necesidade de inversión nestes barrios tras 8 anos de total abandono do PP de Carlos Calvelo


Martín Seco: “O PP ten esquecido durante 8 anos aos barrios da Catuxa, Figueiroa ou a Pedreira, sen planificación, organización e inversión”



Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo felicitámonos pola posta en funcionamento dunha Asociación de Veciños nos núcleos da Catuxa, Figueiroa e a Pedreira, lugares abandoados polo actual goberno do PP no Concello de Arteixo durante estes derradeiros 8 anos e que necesitan da presión cidadá para que se planifique, organice e se propoñan inversións no seu territorio.

Nestes barrios do concello onde non existe unha planificación urbanística que desenrole un tráfico ordenado e seguro para os viandantes, zonas de lecer, parques públicos, prazas e espazos municipais nos que desenrolar actividade, faise necesario que os dirixentes municipais poñan o seu interese do mesmo que xeito que fixeron noutros barrios do concello onde se levaron a cabo modificacións urbanísticas e inversións necesarias para os seus veciños.

Dende o PSdeG-PSOE transmitímoslles á nova Asociación de Veciños a nosa disposición para reivindicar as necesidades dos barrios afectados e poñer en marcha actuacións como a planificación urbanística, a seguridade viaria, mobilidade e eliminación de barreiras que veña acompañada polo desenrolo de espazos públicos tan necesarios en demasiados barrios do noso concello