Socialistas de Arteixo

View Original

Ante os datos coñecidos e as denuncias aparecidas nos medios de comunicación por aspirantes ás prazas de condutores para a recollida do lixo, os socialistas solicitamos acceso ao expediente e transparencia ao Grupo de Goberno para non deixar abertas as suspicacias entorno ao proceso selectivo


Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicación por parte de cidadáns que participaron no procedemento de selección por vía dun concurso oposición de condutores para o servizo de recollida do lixo, que reclaman irregularidades no proceso, o Grupo Municipal Socialista solicitou o acceso ao expediente existente en dito Concello.

Partindo dunha suposta reversión non argumentada dun servizo de prestación obrigatoria para os concellos  e unha creación de prazas informada negativamente polo xurista e interventora municipal en Arteixo na RPT levada a pleno no mes de Marzo de 2018, por ser contraria a lei. O procedemento establecido para unha selección temporal, que entendemos que segundo o servizo ao que afecta debera de ser indefinida,  distaba moito dun proceso que establecese un modelo de igualdade de oportunidades entre os posibles aspirantes e fíxose dun xeito opaco, sen información de cómo se ían a facer e valorar as probas escritas e prácticas.

Aparecen no proceso de selección cuestións que o grupo de goberno debera explicar, como o sistema de puntuación no que se baseaba nunha puntuación de 5 en 5 puntos e cun resultado final no que aparecen resultados decimais, ¿como non se lles permite acceso aos examinados a visualizar o resultado das súas probas?, ¿por que non se permitiu estar presentes aos examinados no momento da celebración das probas a outros aspirantes?, ¿como se pode facer un exame oral de galego aos aspirantes e non ter a proba gravada para poder realizar reclamacións?, ¿estaba o tribunal composto por persoas válidas segundo as bases e a lexislación?

Existen moitos interrogantes que deixan en mal lugar a unha administración como a local de Arteixo, que está máis presente nos medios de comunicación e nas bocas dos veciños por temas vinculados a irregularidades que por poñer en valor un Concello que destaca por unha masa social dinámica e de futuro, polo que o Grupo Municipal Socialista avaliara este procedemento e pedirá explicacións ao grupo de goberno nun proceso de municipalización dun servizo esencial como a recollida do lixo que é unha auténtica chapuza.