OS SOCIALISTAS DE ARTEIXO SOLICITAN A REBAIXA DO IBI RÚSTICO E A BONIFICACIÓN A FAMILIA NUMEROSAS
O Grupo Municipal ven de presentar unha moción pedindo a rebaixa do gravame no IBI rústico, despois da revisión dos valores catastrais que fai que moitas familias teñan problemas para o pago deste imposto. O
Concello de Arteixo debe actuar para paliar os efectos que están a sufrir os veciños con inmobles no ámbito rural que tributan a un tipo do 0.65 fronte ao 0,4 que tributan en zona urbana.
A lei establece tipos mínimos do 0,4 no ámbito urbano e 0,3 no ámbito rústico, actualmente o tipo de gravame aplicable nos bens inmobles de carácter rústico “
0,65”
un tipo discriminatorio con respecto ao que teñen no ámbito urbano “
0,4”
, pagando moito máis o propietario dunha vivenda no rural que no urbano.
Para armonizar esta situación, dende o Grupo Municipal Socialista propoñemos baixar o tipo de gravame para o ámbito rústico ao mesmo nivel que o urbano, é dicir o 0,4.
Deste xeito unha familia cunha vivenda no rural que actualmente veña a pagar 657,50 euros de contribución, pasaría a pagar 404,62 euros, como faría se esta casa estivese situada no ámbito urbano.
Ademais propoñemos que se introduzan bonificacións para as familias numerosas, limitadas polo valor das propiedades e a renda familiar, como medida de apoio as familias que máis problemas teñen para afrontar estes impostos.
Esperamos que esta medida proposta polo Grupo Municipal Socialista de Arteixo, dentro de outra rebaixas de impostos que leva proposto durante toda a lexislatura sexa atendida polo Grupo de Goberno e así poidamos normalizar unha discriminación que teñen as vivendas do rural fronte as urbanas.