Socialistas de Arteixo

View Original

“O PSdeG-PSOE de Arteixo critica a falla de planificación do Concello para o aparcamento dos camións do Polígono de Sabón e esixe solucións ao Goberno Municipal do PP”



Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo fai tempo que denunciamos a ubicación de moitos camións en rúas do noso concello que non están adaptadas para este tipo de aparcamento, lonxe de avanzar en solucións que cheguen máis aló da iniciativa privada, o PP adquiriu a propiedade das instalacións de dito polígono sen ter en conta a venta da parcela que antes se utilizaba para aparcamento e pesado destes vehículos que agora o seu novo propietario está a utilizar.






Os camións se sitúan polo noso casco urbano como a Avenida de Fisterra ou utilizan parcelas sen desenrolar dentro deste polígono, parcelas sen as condicións de salubridade e control necesarias para dito aparcamento, enchendo todo de lixo e o que é máis preocupante, que pasaría se ten lugar unha emerxencia nesa parcela na que o seu propietario xa colocou sen moito éxito un cartel de prohibido aparcar.


Dende o Grupo Municipal Socialista pedimos solucións á falla de previsión por parte do goberno municipal do PP de Carlos Calvelo, que non empeoren a calidade de vida dos cidadáns do noso concello que xa teñen que sufrir uns tráficos excesivos sen que a Xunta de Galicia aínda teña tomado iniciativas suficientes para elo e que agora suman a incomodidade e insalubridade xerada por ditos vehículos.