“Gran preocupación entre os usuarios/as da piscina municipal polos problemas respiratorios causados por unha posible mala climatización das instalacións ”
Usuarios/as da piscina municipal e deportistas dos clubs de Salvamento e Natación fixeron un chamamento ao Grupo Municipal Socialista polas insoportables condicións do ambiente que están a soportar na piscina municipal de Arteixo.
Os/as deportistas quéixanse que sobre todo nas derradeiras horas da tarde, cando moitos usuarios/as xa pasaron polas instalacións, o ambiente faise irrespirable provocando tose e irritación de ollos, ademais algúns deles din estar enfermos por esta situación e que non poden adestrar con garantías por este motivo.
Son coñecidas as deficiencias construtivas desta instalación na que primou unha inaguración rápida antes que unha construción con garantías e somos descoñecedores se o sistema de climatización está funcionando a pleno rendemento pero algo pasa cando xa son moitos os que nos chamaron alarmados con esta situación que algúns datan xa dende o mes de Agosto.
Dende o Concello deben tomar cartas no asunto ante un problema importante de saúde pública e pedirlle solucións a empresa concesionaria antes de que teñamos que lamentar algún problema maior, sabemos que o Alcalde é coñecedor desta problemática dende fai meses e aínda non se tomaron medidas efectivas para paliala, compre para elo auditar o sistema de climatización e o seu funcionamento para ver que está a suceder cunha situación que vemos nestas datas chegou a ter que pechar unha piscina en Ferrol. A saúde dos rapaces e rapazas das escolas municipais, os deportistas e os usuarios/as en xeral está en xogo e os nosos/as veciños/as merécense unhas instalacións deportivas onde prime o servizo público e non a rendibilidade empresarial.