Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE reclama ao goberno local explicacións polos continuos fallos da TDT


O Partido Socialista de Arteixo, tras os continuos problemas sufridos polo sistema de emisións da Televisión Dixital Terrestre, solicita ao goberno local explicacións das xestións que, dende o mesmo, están levando a cabo para procurar o arranxo dos mesmos.

Levamos varias semanas con cortes aleatorios, de duración variable entre uns minutos e unhas horas, poñendo en entredito unha vez máis a capacidade da administración de solventar os problemas dos cidadáns.

Asemesmo, o Concello debería informar puntualmente á cidadanía utilizando os medios de comunicación inmediata dos que dispón (maioritariamente redes sociais), canalizando tamén as reclamacións que lle cheguen ao número de teléfono correspondente.