Socialistas de Arteixo

View Original

Moción pedindo a instalación de "PUNTOS MORADOS" nas festas e grandes eventos

Debido ás festas populares que se van a celebrar este verán en todo o territorio, adxúntase moción para instar ao concello a instalar "Puntos Morados", que serán espazos onde estarán persoas voluntarias cunha formación específica, para informar, concienciar e acompañar a posibles vítimas en caso de sufrir algún tipo de agresión machista. Ademáis, estes puntos servirán de punto de sensibilización e información a toda a cidadanía.




EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Según datos do Ministerio do Interior, unha muller é violada en España cada 8 horas, o que significa que  cada ano  máis de 1.000 mulleres son vítimas deste delito. Ademáis, día tras día, somos coñecedores de desagradables noticias vinculadas á violencia machista: Agresións verbais e físicas, intimidacións e situación de acoso e abuso.

Nos últimos anos,  temos coñecido innumerables casos de agresións sexuais producidas durante a celebración de festas populares e eventos públicos.
As aglomeracións de persoas, como ocorre nas festas populares, son momentos propicios para que teñan lugar este  tipo de condutas.

Está claro que ante esta situación todas as Administracións Publicas teñen o deber de reaccionar con todos os recursos que teñan ao seu alcance.

E, en atención a esto, en determinados concellos do Estado se veñen xestionando uns espazos denominados “Puntos  Morados”, sendo éstes lugares habilitados na propia festa popular, aos que pode acudir a denunciar calquera tipo de conduta contra a integridade das mulleres.

Os “Puntos Morados” será un espazo onde estarán persoas voluntarias cunha formación específica, coordinadas coas forzas de seguridade, para informar, concienciar e acompañar a posibles vítimas en caso de sufrir unha agresión. Ademáis, estes puntos deben servir de punto de sensibilización e información á cidadanía.

Por todas estas razóns dende o Grupo Municipal Socialista instamos aos demáis Grupos Municipais do Concello de Arteixo á aprobación polo Pleno dos seguintes ACORDOS:

1)   Que o Concello instale “Puntos Morados” en todos os actos e eventos multitudinarios que se celebren no municipio, procedendo á posterior avaliación do funcionamento dos mesmos.

2)   Que o Concello realice unha campaña de concienciación, co apoio de carteis informativos e difusión a través das redes sociais, entre outros, co obxetivo de promover unhas festas igualitarias e libres de agresións machistas.

3)   Que o dispositivo se poña en marcha  en colaboración coas asociacións e colectivos feministas municipais e coordinado coas Forzas de Seguridade e Protección Civil.