Preguntas polo servizo de recollida e tratamento do lixo a partir do día 30 de Xuño de 2018
O día 30 de Xuño de 2018 finaliza a prórroga concedida polo Consorcio das Mariñas ao Concello de Arteixo para prestar o servizo de recollida do lixo, é dicir, estamos a cinco días de que finalice esta prórroga, o
Grupo Municipal Socialista de Arteixo non coñece e non foi informado polo goberno local do que pasará a partir desta data e cal vai a ser a fórmula de xestión que vai a proceder a implantar no noso concello. Na Xunta de Voceiros do 20 de Xuño preguntamos por esta situación e non se nos deron explicacións desta situación aos grupos da oposición. Descoñecemos que persoal vaia a ser o responsable de facer este servizo, en que condicións o vai a facer, descoñecemos como se vai a prestar e descoñecemos onde se vai a tratar o lixo que se recolla.
Dende o Grupo Municipal Socialista, coa máxima preocupación, desexamos preguntarlles:
- ¿Cómo vai a facer o Concello de Arteixo a partir do 30 de Xuño co servizo de recollida do lixo?
- ¿Qué persoal vai a levar a cabo este traballo?
- ¿En que condicións laborais vai a estar o persoal que leve a cabo este servizo?
- ¿Cal é a fórmula escollida para tratar o lixo que se recolla e a onde se vai a tratar?