Socialistas de Arteixo

View Original

Pedimos ao PP actuar contra o actual abandono do Paseo Fluvial de Arteixo

O Grupo Municipal ven observando nas derradeiras datas como o goberno do PP en Arteixo, máis preocupado por continuos anuncios en prensa de actuacións que nunca se desenrolan, ten abandonado o paseo fluvial de Arteixo.

Lonxe de actuacións que melloren as infraestruturas dun dos lugares de lecer máis concurridos pola cidadanía arteixá, o nivel de suciedade e falla de mantemento resulta preocupante.
Dende o grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitamos ao Grupo de Goberno do PP que actúe con celeridade para atallar esta situación, cun pavimento rodado en mal estado que pode causar serios problemas aos cicilistas, cunha suciedade continua tanto no paseo como no cauce fluvial, con continuos desperfectos no insuficiente mobiliario urbano e coa necesidade de instalación de fontes e baños públicos para os cidadáns que transitan polo paseo.
Para o Voceiro Municipal Socialista, Martín Seco: “Aquelas críticas sobre o abandono do paseo fluvial, que foran a bandeira da campaña de Calvelo no 2011, son agora a imaxe dun goberno sen ilusión, que se dedica máis a lanzar bombas de fume, con grandes proxectos que nunca ven a luz e non a mellorar a calidade de vida dos veciños/as que viven no noso concello”.
O voceiro socialista recalca a necesidade de lanzar un novo proxecto para Arteixo que recupere a ilusión de traballar no día a día dos/as arteixáns parroquia a parroquia e pon de manifesto que o PSdeG-PSOE de Arteixo está preparado para facelo: “Dende o PSdeG-PSOE estamos a traballar nun proxecto para o noso concello, que utilice as posibilidades económicas de Arteixo para facer políticas apegadas aos problemas da nosa cidadanía, mellora dos servizos que ofrecemos ás familias, mellores políticas de formación e emprego, a construción dos mellores servizos sociais e a mellora das infraestruturas que necesitan os nosos cidadáns, porque para os socialistas as familias, os nosos nenos e os nosos maiores son o prioritario”.