Socialistas de Arteixo

View Original

O Partido Socialista de Arteixo solicita a modernización e mellora do sistema de venda de entradas do Centro Cívico e Cultural


O Partido Socialista de Arteixo, tras manter unha reunión con responsables do departamento de Cultura, solicita a modernización e mellora do sistema de venda de entradas do Centro Cívico e Cultural.

Tras a reunión mantida, e despois de comprobar que se estaba a producir unha redución nos horarios de venda das citadas entradas, o Concello informounos de que se debía á recente firma dun contrato cunha empresa privada que, segundo eles, non permite a apertura en horarios máis amplos. Neste sentido dende o Grupo Municipal solicitarán o expediente de contratación nos vindeiros dias para examinar detalladamente as condicións da externalización.

Dende o Partido Socialista de Arteixo solicitamos a ampliación do citado horario presencial de taquilla, incluíndo a apertura polas tardes, e a utilización dun dos sistemas de venda de entradas a través da rede existentes ou ben a creación dunha plataforma propia, se se considera máis adecuado.