Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO ADVIRTE AO GOBERNO ARTEIXÁN DAS CONSECUENCIAS DE FACER UN URBANISMO FORA DA LEI E DOS PROPIOS REQUERIMENTOS DA XUNTA DE GALICIA


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo xa advertiu no mes de Maio ao goberno do concello de Arteixo que o Estudio de Detalle proposto non era o mecanismo válido para solucionar un problema creado polo propio PP de Arteixo baixo o goberno de Pose e que agora tratan de solucionar saltándose a lei e ata a Xunta de Galicia gobernada polo seu partido.

No pleno deste luns o goberno do PP de Arteixo trata de facer caso omiso e rexeitar o requerimento feito pola Xunta de Galicia para anular o acordo plenario que aprobaba definitivamente o Estudio de Detalle da Avd Platas Varela entre os números 20 e 28. Nun informe da Consellería de Infraestruturas que advirte que o estudio de detalle non é o mecanismo axeitado para legalizar a situación deste edificio, que non cumpre as normas subsidiarias vixentes en Arteixo ao aumentar a edificabilidade e trocalas alineacións.


Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo advertimos unha vez máis das consecuencias das actuacións que se efectúan dende o concello, que ao final acaban pagando os cidadáns por culpa da irresponsabilidade dos seus gobernantes, supoñemos que a Xunta de Galicia levará a cabo as accións oportunas para garantir a legalidade e recordamos que o código penal nos artigos 319 e 320 advirte das responsabilidades que os representantes políticos e funcionarios teñen ante os delitos urbanísticos. Os veciños desta vivenda necesitan solucións ante os problemas creados por un goberno e promotor irresponsables, pero non poden vir pola vía da ilegalidade e deben buscarse solucións baseadas no cumprimento da lei.