Socialistas de Arteixo

View Original

O actual Secretario Xeral da Agrupación Local de Arteixo elixido Secretario de Acción Electoral e Coordinación da Comisión Executiva Nacional Galega


O noso actual Secretario Xeral, Martín Seco García foi elixido Secretario de Acción Electoral e Coordinación da nova Comisión Executiva Nacional Galega. Dende o Congreso Ordinario do PSdeG-PSOE en Santiago o novo responsable de Acción Electoral e Coordinación autonómico, reafirmou o seu compromiso coa política arteixá e os cidadáns do noso municipio, na súa tarefa como voceiro socialista no concello, unha tarefa que terá que combinar coa súa actual responsabilidade autonómica, así mesmo anunciou que non será novamente candidato á Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo que deberá ser dirixido por outro compañeir@ da nosa agrupación.