Socialistas de Arteixo

View Original

Moción sobre a creación da comisión de seguemento do DUSI



O Grupo Municipal Socialista abanderou a reclamación ante o Grupo de Goberno do PP pola falla de redacción dunha estratexia na primeira convocatoria de subvencións do DUSI, posteriormente colaborou activamente na redacción de dita estrategia para a segunda convocatoria. No desenrolo da redacción desta estratexia o grupo de goberno do PP comprometiuse a crear unha Comisión de Seguimento e Impulso da implementación da estrategia, tal e como ven recollido no documento do Plan Novarteixo 2020.

Unha vez que veu publicada a concesión de dita axuda e que o anterior pleno ordinario municipal decidiu a aceptación desta, dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP que estableza o mecanismo de participación prometido aos grupos da oposición e a sociedade en xeral, para decidir cales son as inversións a desenrolar cos 5 millóns de euros que obteremos da UE.

Dende o Grupo Municipal Socialista queremos seguir colaborando activamente e non ser espectadores das decisións que se teñan que adoptar sobre as actuacións a realizar con dita axuda, algo que segundo as propias declaracións do alcalde quedou meridianamente claro nun plan que se desenrolará ata o 2020 e debe ser o de tódolos veciños deste Concello. Tamén queremos ser garantes de que as decisións se tomarán cos mecanismos de participación necesarios que den voz ás asociacións deste Concello e a cidadanía en xeral.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do PSdG-PSOE solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Arteixo a adopción do seguinte:

ACORDO

Instar ao Grupo de Goberno á pronta creación da Comisión de Seguimento e Impulso da implementación da estrategia NOVARTEIXO 2020 e negociar con tódolos grupos con representación neste Concello a súa composición .