Socialistas de Arteixo

View Original

Preguntas sobre a nova pranta de reciclaxe promovida por GESMAGA

Ante a aparición na web da Consellería de Medio ambiente do proxecto para a construción dunha nova planta de reciclaxe de residuos industriais que promove GESMAGA na parroquia de Pastoriza do Concello de Arteixo e as posteriores declaracións do responsable de urbanismo no noso concello. 
        Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Cree o grupo de goberno do PP que o noso concello non está suficientemente degradado medioambientalmente para continuar coa instalación de infraestruturas deste tipo?
  • ¿Coñecen as denuncias ante os xulgado de dita empresa no concello de Coristanco pola implantación dunha planta de tratamento sen supostamente axustarse á lei?
  • ¿Cales son as outras dúas ou posiblemente tres propostas que ten encima da mesa o concelleiro de urbanismo para a implantación de plantas de reciclaxe?, ¿Creen vostedes oportuno seguir permitindo a instalación deste tipo de actividades no noso concello?, ¿Pensan en actuar sobre unha mellor calidade de vida da veciñanza deste concello?
  • ¿Teñen previsto na redacción do novo Plan Xeral de Arteixo limitar este tipo de actividades?