Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE de Arteixo reitera as súas reclamacións con respecto á limpeza e adecuación dos camiños e estradas, especialmente na parroquia de Loureda.


Os socialistas de Arteixo levamos solicitado en varias ocasións unha correcta limpeza e conservación das estradas e camiños municipais, con varias iniciativas no último mes relacionadas co asunto.  

Despois de escoitar a preocupación dalgúns veciños da parroquia de Loureda, volvemos a solicitar á Concellería de Medio Ambiente que acelere a limpeza das pistas desta parroquia e de todas as do concello, ao atoparse nunha moi mala situación para o tránsito dos vehículos e cun enorme risco de accidente. Situacións como camiñar ou andar en bicicleta son moito máis perigosas por mor do estado actual de pouco mantemento. Recordamos que as directrices da Xunta recomendan unha altura menor a 20cm aos lados das pistas.  

Tamén aproveitamos para reiterar a necesidade de coidar outra zona como é a situada nos arredores da rúa República Dominicana. Tras a nosa petición do 22 de xuño, a situación é a mesma hoxe en día: un potencial foco de insalubridade.