Socialistas de Arteixo

View Original

MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdG-PSOE DE ARTEIXO PARA SOLICITALA CESIÓN DA ESTRADA DA DEPUTACIÓN DP-510 NO SEU PASO POR ARTEIXO


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Unha vez remata a obra da senda peonil e o asfaltado da DP-510 na parroquía de Uxes, os veciños atopáronse cun cambio de criterio técnico na sinalización viaria, que lles impide acceder a súa vivenda, ou xirar cara o barrio de Souto, un cambio de criterio que non se levou a cabo no vial que ven dende A Coruña ata Arteixo pasando por Feáns, que non sufriu variacións, perxudicando moito aos veciños desta parroquia, que se atopan moi cabreados por non ter alternativa para poder entrar e saír das súas casas, ou xirar para baixar ata o barrio de Souto ou cara a Freán. Ademais con diferenzas de trato entre uns e outros propietarios difíciles de entender tecnicamente.

Despois de observar como os técnicos da Deputación de A Coruña son incapaces de atender as reivindicacións dos veciños da parroquia de Morás, sobre o novo pintado do vial DP-510 ao seu paso polo noso Concello e deixar sen xiro á esquerda a moitos dos veciños desta parroquia, sen alternativa para poder acceder as súas vivendas é momento de que o Concello dé un paso máis para solucionar esta problemática a veciñanza, pedindo a cesión deste vial a Deputación de A Coruña. considerandoo como unha travesía urbana, establecendo un pintado axeitado a esta consideración e establecendo os pasos de peóns necesarios para a veciñanza.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do PSdG-PSOE solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Arteixo a adopción do seguinte:

ACORDO

Instar ao Grupo de Goberno no Concello de Arteixo a solicitar a cesión do vial DP-510 á Deputación de A Coruña dende o seu inicio no enlace coa Dp-512 ata o límite municipal con Culleredo para convertilo nunha travesía urbana do noso concello.