Socialistas de Arteixo

View Original

Despois de oito anos de abandono do goberno do PP de Feijoo, faise necesaria unha importante inversión en materia educativa no concello de Arteixo


No día de hoxe reuniuse o Voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, o deputado coruñés Juan Villoslada, o responsable da executiva provincial do PSdeG-PSOE de A Coruña en materia educativa Antonio Álvarez e o Voceiro socialista no Concello de Arteixo, Martín Seco con membros da comunidade educativa local para falar da situación do noso concello e analizar as necesidades necesarias despois de 8 anos do goberno do PP de Feijoo na Xunta e a falla absoluta de inversión en materia educativa no concello arteixán, chegando as seguintes conclusións:

·         A situación nos centros de educación primaria e secundaria do noso concello, fan necesaria a construción dun novo CEIP e un Instituto de Secundaria que minore os problemas de masificación que teñen no CEIP Ponte dos Brozos, CEIP Arteixo e IES Manuel Murguía, podendo actuar na zona entre Lañas e Loureda como punto estratéxico para a colocación de ditas infraestruturas e dotando aos centros actuais con máis profesionais.

·         A necesidade de proxectar un novo mapa de formación profesional axeitada as necesidades laborais do noso entorno, convertendo o IES de Sabón nun centro integrado de formación profesional unicamente, que imparta educación en materias como o téxtil, a industria química ou a metalurxia.

·         A potenciación do uso das TIC na educación, exportando a experiencia do Proxecto Ponte dos Brozos, con especial atención a formación do profesorado e ao incentivo deste no uso destas novas tecnoloxías.


·         A problemática xurdida coas actuacións xurdidas neste curso escolar no IES Manuel Murguía fan necesario un cambio de actitude por parte da Xunta de Galicia para mellorar a cantidade de persoal que traballa neste centro educativo e a implantación de mellores sistemas de disciplina que non traten aos estudantes como delincuentes potenciais.