Socialistas de Arteixo

View Original

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita ao goberno municipal que estude a posibilidade de mercalo solar da antiga sala de festas EVA, para favorecer a mobilidade no casco urbano de Arteixo e dotar aos veciños de maior espazo público


Despois de escoitar a moitos veciños próximos á parcela da antiga discoteca EVA, preocuparse pola inminente caída do tellado desta instalación e que agora esta infraestrutura se poda acabar convertindo nun espazo insalubre, dende o Grupo Municipal Socialista pedimos ao grupo de goberno do PP en Arteixo que teña unha actitude máis decidida e opte por mercar esta parcela a un prezo xusto para os seus propietarios e a utilice para mellorar o difícil tránsito no casco urbano de Arteixo, unhas mellores dotacións de espazo público para os veciños e un aumento das posibilidades de aparcamento nunha zona onde a demanda supera á oferta.

Nun concello con superávit económico pero cun déficit importante de espazos públicos no seu casco urbano, esta parcela podería utilizarse para facilitarlle a vida aos veciños, avanzar na peonalización do casco e favorecer ao comercio e a hostalaría dos locais arteixáns.

Os socialista de Arteixo esperamos que os cartos de tódolos veciños sirvan para dar solucións a longo prazo e non para pequenos parches que lamentemos posteriormente, poñéndonos a disposición do goberno municipal para dialogar sobre os usos que esta parcela puidera ofrecer.