Socialistas de Arteixo

View Original

“O PSdeG-PSOE solicita ao goberno do PP no Concello de Arteixo que facilite as instalacións municipais aos deportistas do Clube Salvar para que os rapaces poidan cambiarse nelas”


Dende o Grupo Municipal de Arteixo somos coñecedores das queixas das familias dos deportistas do Clube SALVAR de Arteixo que durante os seus entrenos de invierno se atoparon coa indisposición dun lugar no areal de Alba “Sabón” onde poidan cambiarse de roupa e gardar o material que necesitan para a práctica deste deporte. 

Non entendemos que un clube que fai tan bo traballo cos nosos rapaces e que leva a imaxe de Arteixo por todo o territorio estatal teñan tantas dificultades, despois dos éxitos deportivos que están a obter e do bo traballo que fan no noso municipio.

Desde o Grupo Municipal de Arteixo solicitaremos formalmente do concello que poña a disposición as instalacións necesarias neste areal e analice a posibilidade de instalar novas instalacións para as prácticas deportivas nesta praia do noso concello.