Socialistas de Arteixo

View Original

“O PSdeG-PSOE solicita ao goberno do PP no Concello de Arteixo que atenda un abandoado Parque do Seixedo”



Coa chegada do bo tempo o parque do Seixedo comeza a ter moita actividade daqueles veciños que se achegan a pasar o seu tempo de lecer nesta zona verde do noso concello.

Son moitas as queixas do abandono que sufre este parque, cheo de lixo por todas as esquinas, cos baños pechados durante unha boa parte do día e sen que se vixilen aqueles que chegan con cans potencialmente perigosos e que no día de onte chegou a producirse a mordedura dun destes cans a un neno que estaba xogando nestas instalacións.

Dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos que o concello manteña en correcto estado ditas instalacións, manteña abertos os baños en horario de sol e faga unha vixilancia daqueles que non levan as súas mascotas nas condicións de seguridade axeitadas.