Socialistas de Arteixo

View Original

PREGUNTAS AO GOBERNO LOCAL POLA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA A TRAMITACIÓN DO INVENTARIO DE BENS


PREGUNTAS ESCRITAS

Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo estamos moi preocupados pola falla de seriedade e da participación prometida polo goberno local na tramitación do novo Inventario de Bens do noso Concello, na sesión plenaria  do 31 de marzo do 2016 acordouse prestar aprobación a actualización do inventario municipal elaborado pola empresa INCOSA. O período de exposición publicado era por prazo de 3 meses. O anuncio no BOP saíu o 20 de abril de 2016. Aos grupos da oposición entregáronos unha copia en papel dalgunha documentación incompleta e non se nos deu acceso ao documento en formato dixital, dicindo que estaría a disposición de tódolos veciños na web do concello.

Prometeuse por parte do señor alcalde, por ser este un documento importante e de moita información, tanto aos grupos da oposición como aos representantes veciñais no Consello Veciñal do 9 de Maio de 2016, facer actos informativos, parroquia a parroquia, para elaborar o mellor documento final posible, incorporando as alegacións oportunas.

Posteriormente no pleno do 26 de maio de 2016 aprobouse unha ratificación do acordo e a ampliación do prazo de exposición pública, con anuncio no BOP o 27 de xuño de 2016.  
Dende os grupos da oposición observamos como nunha xunta de goberno do 22 de xuño de 2016 aprobouse por parte do goberno un requerimento de rectificación á empresa que elaborou o documento.  Segundo o informe técnico detectáronse “ deficiencias” sen dar conta ao pleno que sería o competente para aprobar calquera modificación, e sabemos que existen varias copias en exposición pública con discrepancias, unha copia en papel de parte do documento que temos os grupos municipais, os planos expostos nos centros sociais das parroquias, a existente en formato dixital da web do concello e un documento en obras. 

Ademais da dificultade de acceso ao documento na web, onde é difícil acceder a información cos nomes propios das rúas, existen viais que deberían de terse incluído por sentenza xudicial que non aparecen e outros de dubidosa pertenza pública que si o fan.

Dende o noso criterio, esta tramitación e proceso de información pública é moi discutible e non aporta as garantías necesarias para un documento de vital importancia.

Por último parécenos incrible que dende o goberno local se estea a informar e dar participación á veciñanza sen datos e os estudios necesario sobre a futura xestión local do lixo e non se leven a cabo as reunións prometidas coa veciñanza, cando o 3 de Maio do 2017 acaba o prazo de presentación de alegacións segundo o informe da secretaría do concello. 

Por todo isto, dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

¿Que pensa facer o grupo de goberno co inventario de bens do concello, cando estamos a 3 meses de finalizar o prazo de alegacións?
¿Cando vai a facer as reunións informativas coa veciñanza?
¿Cal é o documento sobre o que alegar dos existentes en diferentes formatos no concello?