Preguntas do PSdeG- PSOE de Arteixo ante a próxima apertura da Residencia de Maiores construida pola Fundación Amancio Ortega
PREGUNTAS ESCRITAS
En nova aparecida na páxina da Xunta de Galicia e resumida na páxina do Concello, o Alcalde de Arteixo e a Concelleira da área de Benestar mantiveron reunión co Conselleiro de Política Social onde abordaron, entre outros temas, a futura integración da Escola Infantil de recente construcción na rede da Galiña Azul. Aludían tamén ás horas de SAD adxudicadas a Arteixo así como ó Plan Concertado e a un futuro aumento de persoal ó abeiro deste plan. Porén, lemos con preocupación que non se cita en absoluto a residencia de maiores construída conxuntamente coa escola infantil. A este Grupo Municipal venlle chegando rumores e consultas sobre a residencia de maiores e, en concreto, coa necesidade de anotarse nunha coñecida empresa adicada ó coidado dos maiores para poder optar a un posto de traballo na devandita residencia.
Por iso, o Grupo Municipal Socialista realiza as seguintes preguntas:
•
Cando está prevista a posta en funcionamento da escola infantil e a residencia de maiores?
•
A Xunta de Galicia iniciou xa os trámites para a apertura de ámbo-los dous servizos?
•
Na reunión co Conselleiro de Política Social acordouse algo en relación coa residencia de maiores?
•
Que número de prazas residenciais e de centro de día están previstas?
•
Na residencia de maiores e no centro de día haberá reserva para a veciñanza de Arteixo?
•
Que hai de certo nos rumores que falan da empresa Geriatros como a adxudicataria do servizo da residencia de maiores?