Socialistas de Arteixo

View Original

“O PP de Calvelo renuncia a ter unha verdadeira aplicación de incidencias municipais para dispositivos electrónicos, xa que non poderá ser utilizado por tódolos cidadáns como o PSdeG-PSOE pedira e non terá os seus datos abertos á cidadanía”


O PSdeG-PSOE de Arteixo levaba no seu programa electoral de 2015 a posta en funcionamento dunha aplicación de fácil uso para teléfonos móbiles, tablets e PC´s, co fin de comunicar incidencias municipais “avarías, problemas medioambientais, roubos, incidencias de tráfico,…”, na que calquera cidadán puidese comunicar co concello con rapidez e transparencia, incluíndo fotos e xeolocalización das incidencias tramitadas. Neste mandato, o noso grupo solicitoulle ao PP, que desenrolase a nosa iniciativa, coa resposta do voceiro do PP, de que estaba traballando nela.

Cal é a nosa sorpresa ao comprobar que na presentación desta aplicación informática, que non é de uso público, funciona con licencias limitadas e só poderá ser usada polos concelleiros, traballadores do concello e asociacións veciñais. Ademais os usuarios só poderán acceder a tramitación das súas propias incidencias e non poderán ver o resto das tramitadas e non se farán públicos os datos que se poidan sacar deste novo programa.

Está claro que o PP pon en funcionamento un programa informático que pode mellorar o uso interno dos departamentos de obras e medioambiente, que son os únicos departamentos que a utilizarán, pero non aporta melloras para a fluidez da información entre administración e cidadanía e menos para a maltratada transparencia municipal deste goberno municipal.

Existen grandes concellos que puxeron en funcionamento simples aplicacións como a demandada polo noso grupo con gran éxito, Madrid, Málaga,…, pero incluso concellos pequenos como Valdefresno en León duns 2000 habitantes ou Jaraiz de la Vera en Cáceres cuns 6500 tamén a utilizan e dende o goberno local do PP en Arteixo, quédanse cunha proposta moito menos ambiciosa e que non chegará a tódolos veciños.

Dende o Partido Socialista en Arteixo somos conscientes de que o Goberno local prefire seguir poñendo por diante o seu sistema caciquil de xestión das incidencias que democratizalo para toda a cidadanía e nos preguntamos como farán os núcleos urbáns como Arteixo ou Pastoriza que non gozan de asociacións veciñais activas. Ademais tampouco queren que as incidencias sexan públicas porque a transparencia é algo que non se promete, se practica ou non se practica e temos claro que aqueles que non queren ter unha radio municipal aberta para que non se escoiten as queixas da xestión municipal, menos quererán ter un lugar onde se poidan visualizar as incidencias mandadas.