Socialistas de Arteixo

View Original

“Martín Seco solicítalle ao Grupo de Goberno do PP que tome medidas contra a caída de rochas á beirarrúa e o pavimento do vial que vai dende Pastoriza a Suevos”


Dende o Grupo Municipal Socialista recibimos as queixas dos veciños que utilizan o vial de baixada dende Pastoriza a Suevos, polos frecuentes desprendementos de rochas que invaden a beirarrúa e a calzada deste vial, propiedade da Deputación de A Coruña. Nalgún caso as rochas chegan a ser dun tamaño considerable co perigo de poder facerlle dano a calquera viandante que utiliza dita beirarrúa ou algún vehículo que poida ter una accidente pola inesperada aparición dun obstáculo de tamaño considerable.

O concello debe velar pola seguridade dos seus veciños, independentemente da propiedade do vial e dos terreos que lindan coa beirarrúa e polo tanto asegurar que ditos desprendementos deixen de suceder, ademais de avanzar na continuación dunha senda peonil que chegue ata polo menos o local do clube e a limitación de velocidade e de paso de vehículos de alta tonelaxe por alí.

Esperamos que o Grupo de Goberno do PP leve a cabo as actuacións pertinentes para salvagardar a integridade dos seus veciños.