“O goberno local de Arteixo debera converter en feitos as boas palabras e implicarse de xeito activo na colaboración cos xóvenes artistas do noso concello”
Despois das verbas da concelleira de Cultura na presentación da exposición do XIPA, colectivo de xóvenes artistas de Arteixo, nas que apostaba claramente polo apoio e colaboración cos xóvenes pintores e ilustradores do noso concello, dende o Grupo Municipal Socialista queremos aportar algunhas ideas, para que as verbas non se queden na ocupación durante un mes dunha sala de exposición pública e uns pinchos e que sexan unha aposta real pola artes plásticas e os artistas do noso concello.
Fai xa uns meses que dende o Grupo Municipal Socialista solicitabamos do Grupo de Goberno a convocatoria dun certame de pintura rápida no noso concello, onde ademais de premiar as mellores pinturas, tamén se premiase aos artistas locais e xóvenes artistas, incluso con premios en material artístico para les, sen que ata o de agora tivésemos máis noticias do tema, pero tamén poderían presupostar bolsas para os xóvenes artistas do noso concello, para axudarlles coa súa formación, a posta en marcha dun proxecto de difusión e promoción da arte local permanente, onde os artistas puideran expoñer e vender os seus produtos e poderíase ter unha programación formativa de ditos artistas e darlles asesoramento gratuíto para a súa actividade.