“Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitamos unha urxente inversión en iluminación, para o núcleo de Meicende”
Dende fai tempo sucédense as críticas entre a cidadanía de Meicende pola pouca e mala iluminación que teñen neste núcleo arteixá, se a isto lle sumamos os problemas de inseguridade cidadá que existe neste núcleo, a preocupación acrecéntase.
Levamos unha longa temporada, no que os roubos, a criminalidade e o tráfico de estupefacientes aumentaron significativamente neste e noutros barrios do noso concello, e a veciñanza segue sen notar a presenza dos corpos de seguridade do estado e a policia local, para tratar de alonxar aos responsables de dita situación e facer deste barrio un lugar tranquilo onde vivir.
Coa chegada do inverno, as mañáns vóltanse moi oscuras e as seis da tarde faise noite e a iluminación que temos neste núcleo é insuficiente e deficiente, polo que dende o Grupo Municipal Socialista, solicitaremoslle ao Grupo de Goberno do PP, unha partida nos vindeiros presupostos do 2017, para mellorar e implantar nova iluminación neste barrio do noso concello, ademais de volver a solicitarlle unha maior implantación da policia local na zona norte do concello, con máis axentes de barrio que patrullen o noso concello, ademais de que fagan as presións oportunas ao goberno do estado, para que recupere o número de efectivos dos corpos de seguridade do estado, policia nacional e garda civil que necesita a seguridade dos nosos veciños.