¿Qué propostas levamos ao pleno de setembro os socialistas?
Na nosa liña de mellorar a comunicación coa cidadanía de Arteixo explicamos qué propostas levaremos ao pleno de setembro, que se celebrará o vindeiro xoves.
En primeiro lugar queremos resaltar que, propostas que fixemos nos plenos de marzo e abril, conseguimos que o goberno municipal as tomase en conta:
-Vaise poñer en marcha un banco de instrumentos na Escola Municipal de Música, de forma que todas as nenas e nenos poidan participar independentemente da capacidade económica da súa familia. Máis información en http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/03/preguntas-sobre-necesaria-e-urxente.html
-Refórmase o imposto sobre os vehículos de tracción mecánica (ou "rodaxe"), rebaixándolle os impostos aos veciños e bonificando aos vehículos menos contaminantes. Neste enlace tedes máis información sobre a petición que presentamos no seu día: http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/04/mocion-pedindo-bonificacion-do-imposto.html
- Refórmase o imposto do IBI, establecendo o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras, e o coeficiente sobre o valor catastral: http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/03/rolda-de-prensa-do-grupo-municipal.html

Ao vindeiro pleno levaremos o seguinte:
- Rogo sobre actividades extraescolares: solicitamos ao goberno local o seguinte:
- Que se apliquen correctamente os descontos que veñen na ordenanza para casos nos que unha persoa se matricule en varias actividades, cos cales existen determinados problemas agora mesmo.
- Que se amplien estos descontos independentemente da sección ou departamento ao que pertenzan (ata o de agora só se aplican se as actividades ás que te inscribes son da mesma "área").
-
Que a asignación de prazas se faga por sorteo e non por orde de inscrición, como ocurre nalgúns casos.O sistema de orde de inscrición considerámolo inxusto para aqueles con dificultades para achegarse a inscribirse a determinados horarios, e mesmo deixa marxe a que se puidese manipular o resultado por parte daqueles que teñen acceso ao sistema de inscripción)
- Rogo sobe a finalización do pavimentado e beirarrúas en Vilarrodís
-
O remate entre o pavimentado e as beirarrúas existente en determinados tramos da Avenida Alcalde Manuel Platas Varela é deficiente e incluso perigoso para os vehículos que aparquen, como se pode ver nas seguintes fotos tomadas á altura do portal 148.
- Este mal remate ocasiona problemas de acumulación de auga e rozaduras dos coches contra o borde da beirarrúa (pola altura) e mesmo na salida dun garaxe comunitario.
- Por tanto, SOLICITAMOS do goberno local a solución do defecto descrito, un mellor control das obras realizadas, e tamén, e como suxerencia, unha mellor planificación das inversións durante todo o mandato (e non deixalo todo para o último ano de lexislatura).
- Pregunta sobre o Centro de Saúde de Vilarrodís: a finalización do centro, que se planificou xa na etapa de Touriño como Presidente da Xunta, oblíganos a facer as seguintes preguntas ao goberno local:
-
¿Presentou o Grupo de Goberno queixas ante a Consellería de Sanidade pola nefasta posta en marcha do novo centro?Despois de moitos anos de espera (e coas presas do que necesita inagurar algo sen as xestións e as previsións necesarias) deixouse a moitos usuarios descolocados polo cambio do seu centro ou o seu médico sen aviso previo. Tamén se fixeron cambios a cidadáns que necesitaban un horario determinado pola súa actividade profesional, e deixouse a membros da mesma familia con facultativos en centros diferentes.
- ¿Vai o noso goberno local a calar e permitir que non se asignen máis profesionais ao concello?
Porque aínda coa inauguración teremos os seguintes problemas:
-Seguiremos cos mesmos médicos de familia e pediatras (Vilarrodís sólo contará con pediatra un día á semana)
-Seguiremos sen abrir polas tardes
-Seguimos sen incorporar servizos necesarios no noso concello como a fisioterapia e outras especialidades
-Seguimos sen poñer un servizo de radiodiagnóstico (aínda cando o centro, planificado polo goberno de Touriño, conta cunha sala preparada para elo)
-E por suposto seguiremos cun servizo de urxencias insuficiente -
¿Onde están as vellas demandas da necesidade de apertura do ambulatorio de Meicende pola tarde, e cando se comezará a urxente e inaprazable reforma do Centro de Saúde de Arteixo?
- Moción sobre o aborto seguro: A nivel nacional os socialistas presentamos mocións en todos os concellos que piden varias cousas:
- Manifestar o apoio do Concello para o establecemento do 28 de setembro como Día Internacional do aborto seguro.
- Recuperar a Ley Orgánica 2/2010, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo, na súa redacción de 2010.
- Desenrolar unha estratexia de saúde sexual e reproductiva como pedía a mencionada ley.
- Crear unha rede pública de saúde sexual e reproductiva como obrigaba tamén a ley.
- Volver a incorporar como dereito sanitario a reproducción asistida a lesbianas e nais solas.
- Volver a incorporar os anticonceptivos de última xeración ao Sistema Público de Saúde
Podedes solicitar máis información contactando connosco. Convidámosvos ao próximo pleno!