Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE de Arteixo, preguntará hoxe na Xunta de Voceiros, polo cumprimento dos acordos tomados nos plenos de Marzo e Abril deste ano, para rebaixar o IBI ás explotacións agrogandeiras e a rodaxe aos vehículos que menos contaminan


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo presentou no mes de Marzo, unha moción para rebaixar os impostos do IBI ás explotacións agrogandeiras que xa están a sufrir moito pola crise e pola falla de políticas activas da Xunta de Galicia para defender os nosos sectores produtivos, que foi aprobada pola unanimidade da corporación municipal, despois de ser negociada co grupo de goberno do PP. Ao mes seguinte presentamos outra para rebaixar a rodaxe dos vehículos que menos contaminan, sendo retirada para que o grupo de goberno do PP, encargase os cálculos do que suporía as nosas arcas dita rebaixa e para ser posteriormente negociada.

Seis meses despois dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo preguntaremos pola situación na que se atopan ambas cuestións, esixindo do goberno do concello de Arteixo, que cumpra con premura o acordo do mes de Marzo, para axudar ao noso sector primario e que presente xa os cálculos da rebaixa do IVTM, para negociar unha nova redacción da ordenanza que prime o uso de vehículos de baixo nivel de contaminación, tal e como presentábamos na nosa moción, no mes de Abril.