Socialistas de Arteixo

View Original

“En Vilarrodís levan máis dun ano reclamando a finalización do pavimentado de Platas Varela, que deixou os arcéns en mal estado, para o aparcamento e os accesos aos garaxes”


A veciñanza de Vilarrrodís leva máis dun ano reclamando a finalización do pavimentado e beirarrúas que se levou a cabo na Avd Platas Varela, deixando os arcéns en mal estado, como se pode ver nas fotos desta rúa no entorno do número 148,  esta situación xera moitos problemas de acumulación de auga, de problemas cos bordes das beirarrúas e de toques cos fondos dos seus vehículos cando aparcan ou acceden aos seus garaxes.


Dende o goberno local do PP, debían preocuparse de ter un maior control da execución das obras e da súa planificación, e de ter unha programación de actividade durante todo o mandato e non só o derradeiro ano, os problemas da xente aparecen durante catro anos e semella que o PP paraliza o concello durante a maior parte do mandato, para logo facer os investimentos a toda presa e sen a calidade e control necesarios.


O Grupo Municipal Socialista, presentará un rogo no pleno deste mes de Outubro para pedir que se amañe con rapidez un problema de fácil solución e que produce moitas molestias aos veciños.