Socialistas de Arteixo

View Original

MOCIÓN DE URXENCIA QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO SOBRE OS VERTIDOS NO RÍO BOLAÑOS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os concellos teñen atribuídas como competencias pola leis do estado as seguintes:

“Vienen establecidas en el art. 25.2. LBRL (nueva redacción por el número ocho del artículo primero de la LRSAL), según el cual el Municipio ejercerá en todo caso como competencias propias, en los términos de la legislación del Estado y de las Comunidades Autónomas, en las siguientes materias (entre otras)…

a) Urbanismo: planeamiento, gestión, ejecución y disciplina urbanística. Protección y gestión del Patrimonio histórico. Promoción y gestión de la vivienda de protección pública con criterios de sostenibilidad financiera. Conservación y rehabilitación de la edificación.

b) Medio ambiente urbano: en particular, parques y jardines públicos, gestión de los residuos sólidos urbanos y protección contra la contaminación acústica, lumínica y atmosférica en las zonas urbanas.

c) Abastecimiento de agua potable a domicilio y evacuación y tratamiento de aguas residuales.”

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos preocupados polos continuos vertidos que recibe o río Bolaños ao seu paso polo casco urbano de Arteixo e o Polígono de Sabón, que acaban por desembocar na praia do Rañal, un lugar moi visitado polos arteixáns, ao ser a praia de mellor acceso peonil do noso concello.

Nesta semana pasado o vertido recibido polo río Bolaños, levou consigo a morte de centenares de peixes que apareceron flotando na súa desembocadura do Rañal, coa sorte de que a situación do tempo fixera que non existira case presenza de familias en dita praia e por tanto evitando os posibles danos que este vertido podería ter causado nos bañistas, especialmente a nosa poboación infantil.

Dende o concello debemos ser especialmente coidadosos no control dos vertidos neste río e poñer tódolos mecanismos posibles para evitar que esta situación volva a suceder, establecendo medidas de control e inspección en continuo de dito cauce. 

Diante desta situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte, ACORDO:

Estudar a implantación de novos mecanismos para un control continuo dos posibles vertidos no cauce do río Bolaños ao seu paso polo noso casco e polígono.