Socialistas de Arteixo

View Original

Entre o goberno do PP na Xunta de Galicia e no Concello, están esnaquizando os servizos sociais en Arteixo


No pasado mandato foron continuas as queixas dos usuarios de servizos sociais en Arteixo, pola falla de sensibilidade e de atención daquelas persoas que necesitan dunha atención especial. Despois de máis dun ano de mandato, coa fichaxe estrela do PP para este departamento nas eleccións de 2015, lonxe de mellorar a prestación de servizos por parte deste departamento,  semella que está a conseguir o contrario.

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo, preguntámonos dende cando non se están a conceder altas no servizo de comedor a domicilio e o estado no que se encontra o material co que se sirve dita comida, bastante malo, segundo a nosa información, e no servizo de axuda a domicilio, preguntámonos, canto tempo levan en espera, moitos cidadáns que teñen aprobada pola Xunta de Galicia esta axuda, xa que segundo as nosas informacións, existen persoas que levan xa case dous anos en espera, con horas de atención aprobadas, sen que o concello faga nada.

O máis grave é observar como unha parella de veciños maiores, que está a pasar por malos momentos, ao ter unha gran dependente no seu interior, ten concedido o centro de día da Laracha e coa eliminación do Servizo de Transporte Adaptado, se lle obriga a pagar 40 euros ao día. para poder chegar ao seu destino, deberían explicar os gobernantes do PP, como fai unha parella cunha pequena pensión, para afrontar o custe do Centro de Día e os 800 euros de transporte para trasladalo a Laracha. Dende o Grupo Municipal Socialista, xa lle pedimos aos nosos insensibles gobernantes, que non eliminaran  o Servizo de Transporte de Adaptado e combinaran as axudas á mobilidade, por vía do servizo de taxis co mantemento do servizo de transporte adaptado para persoas con alto grado de dependencia, debido a que non se axustaban as condicións do taxi, pola tipoloxía de vehículo e falla de acompañante para o traslado destes veciños. Ademais de que o funcionamento desta liña de axudas á mobilidade, está a funcionar como un servizo encuberto do concello, organizando e xestionando unha axuda, tanto aos beneficiarios como aos profesionais do transporte, algo completamente ilegal e que podería traer graves consecuencias, pola liberdade do beneficiario a utilizar estas axudas como crea convinte, dentro dos requisitos esixidos pola orden publicada, ao mesmo que os profesionais, que non poden ser tutelados pola administración local.