“O goberno de Carlos Calvelo infla sen xustificar os ingresos do Concello de Arteixo no Orzamento de 2016, para logo bloquear partidas por valor de 1.500.000 euros por incumprir o Plan Económico - Financieiro durante os anos 2014/5”
Dende o Grupo Municipal Socialista, levamos varios anos, advertindo dos incumprimentos do noso Concello das leis do estado en relación á estabilidade orzamentaria, que fai que o noso concello teña unha advertencia grave do Ministerio de Economía sobre esta situación, debido a que aínda que fixemos un documento para cumprir coa estabilidade, no ano 2014 tivemos un déficit dun millón de euros e de preto de 7 millóns no 2015, o que leva a Interventora a bloquear partidas por un valor de 1,5 millóns de euros e a prohibir a utilización de remanente durante este ano 2016, algo que pode ser insuficiente, se non conseguimos os ingresos que temos previstos e que baixo a nosa interpretación, son de dubidosa consecución, o que nos levaría unha vez máis a estar en inestabilidade.
Dende o Grupo Municipal Socialista, estamos sorprendidos da importante subida nos ingresos municipais ata o 30.500.000 euros, cando no presuposto de 2015 se prevían ingresos por valor de 29.570.000 euros e se recadarán, segundo a liquidación de 2015, un total de 28.979.000 euros, é dicir, case que 600.000 euros menos do previsto.
O ano pasado xustificouse cun informe de obras a realizar no 2015, unha subida nos ingresos do ICIO ata os 2.300.000 euros e a realidade di, que as obras non se elevaron a cabo na súa maior parte, e se recadaron preto de 1.000.000 euros, é dicir, 1.300.000 euros menos. Este ano nin tan sequera o grupo de goberno aportou este informe para xustificar novamente 1.900.000 euros de ingresos en ICIO e xunto a caída do ingreso en Plusvalía pola nova bonificación, non entendemos como pode observarse unha subida na recadación de 1.500.000 de euros con respecto ao ingresado realmente no ano pasado, e como podemos pasar a recadar 1.200.000 euros máis en IBI´s e 400.000 euros máis en IAE.
Dende os grupo socialista, entendemos que a elaboración dun presuposto e os seus ingresos debe seguir o principio de prudencia e non incluír ingresos de dubidosa chegada no exercicio orzamentario, polo que solicitamos da Interventora Municipal que pida un informe que xustifique esa subida en ingresos por ICIO.