O Concelleiro de Medioambiente debería dedicar os 30.000 euros da súa inservible dedicación exclusiva para pagar a madeira comunal roubada en Vilarrodís
Fuente: La Voz de Galicia |
Dende o Grupo Municipal Socialista
estamos profundamente preocupados polo profundo desinterese do Grupo de Goberno de Carlos Calvelo cara o noso patrimonio e o noso medioambiente. Invádennos tódolos días, as noticias que falan de agresións ao noso territorio, sen que as múltiples dedicacións exclusivas que teñen os nosos dirixentes e os seus asesores, sirvan para protexer ao noso territorio e ao noso medioambiente.
Mentres o alcalde Calvelo se preocupa de subirlle o soldo ao Concelleiro de Economía e ao señor Campana (o comisario político que temos de descanso sabático en Arteixo e que nin tan sequera foi capaz de presentar unha proposta para a convocatoria pasada do EDUSI, aínda sendo esa a xustificación da súa subida de soldo),
ou son capaces de manter a dedicación exclusiva ao Concelleiro de Medioambiente (que como todos puidemos observar nos medios, non ten coñecemento do departamento que dirixe),
escoitamos noticias de como se destrúe o noso patrimonio:
En Pastoriza, cun castro que debería de ser posto en valor e que permanece no esquecemento dos nosos gobernantes, que nin tan sequera se preocupan por vixialo e mantelo en condicións óptimas para a súa supervivencia e o que aínda é máis sangrante, a incapacidade para vixiar as propiedades comunais do concello, como eses 12.000 metros cadrados de eucalipto e castaño que talaron en Vilarrodís aldea, na cara dun concelleiro, que debe andar máis preocupado por outras cousas que por exercer a vixilancia medioambiental que necesita o noso concello.

Dende o noso Grupo,
preguntaremos sobre ambos temas no Pleno do mes de marzo e
pediremos que o Concello faga o posible para intensificar a vixilancia ambiental e a protección do patrimonio do noso concello.