Socialistas de Arteixo

View Original

Xestur debe solucionar con urxencia o abandono do vial de paso da CP-512 en especial ao seu paso polas futuras instalacións do Polígono de Morás


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo levamos pedindo con insistencia dende fai máis de 2 anos que o PP de Feijoo e Calvelo, solucione a situación da CP-512, vial que une Arteixo por Morás con Pocomaco de A Coruña, a necesidade de rematar o tramo no concello de A Coruña, paralizado toda o mandato anterior do goberno provincial da Deputación e a mala situación do vial ao seu paso polas instalacións do futuro polígono de Morás.

Os veciños de Arteixo e de A Coruña teñen que deixar de sufrir o mal estado deste tramo de vial na zona do polígono, nestes momentos intransitable e as innecesarias e molestas bandas rugosas que temos que sufrir, nun tramo onde non hai tráfico de camións e onde as obras levan paralizadas moitos meses, sen visos de ser rematadas proximamente.

Dende o PdeG-PSOE de Arteixo solicitamos o venres 15 de Xaneiro, reunirnos urxentemente co Delegado de Obras da Deputación, o socialista José Manuel Pequeño, representante da Deputación en XESTUR para pedirlle que esixa deste órgano dependente da Xunta de Galicia gobernada polo PP de Alberto Núñez Feijoo, e que é a que ten competencias sobre este tramo, que amañe urxentemente o mal estado da vía e utilice de xeito prioritario os fondos da Xunta de Galicia, destinados no presuposto 2016 para o polígono de Morás, para rematar o vial que pertence a CP-512, antes de realizar outro tipo de cuestións, creo que os veciños de Arteixo e comarca merecémonos ter a vía apta para o tránsito e non en situación de temporalidade eterna.