O alcalde debe convocar aos seus homólogos para pedir a eliminación da peaxe da AG-55
Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo
pensamos que o alcalde de Arteixo debera
seguir este novo tempo marcado polos concellos da comarca, na búsqueda de acordos beneficiosos para os veciños que vivimos no entorno metropolitano de A Coruña, unha vez vista a posibilidade aberta pola Coruña de mancomunar servizos como o abastecemento de auga e de
ter posicións comúns en infraestruturas importantes para a nosa comarca como a conexión da vía ártabra e a A-6, o noso mandatario debería de facer un esforzo de diálogo e liderado na comarca
para convencer aos concellos veciños da comarca en marcar unha posición común ante a Xunta de Galicia para esixir a liberalización da peaxe da AG-55, algo esencial para o futuro económico da nosa comarca e dos nosos veciños.
Ademais de encabezar unha proposta para analizar a creación dunha compañía de transportes metropolitana que poida dar resposta aos continuos problemas de comunicación que ten a poboación de todo o entorno metropolitano e os nosos polígonos industriais. Por outra banda botamos de menos a posición do noso grupo de goberno ante a posibilidade aberta polo goberno municipal de A Coruña de abrir a empresa EMALCSA ao resto dos concellos da comarca, algo que dende o noso punto de vista deberamos valorar e estudar e temos a impresión que dende a concellería de obras non estudan por motivos persoais e non de xestión.

Martín Seco García
Voceiro