Socialistas de Arteixo

View Original

“Calvelo utiliza á oposición para ocultar a súa incapacidade para ter os presupostos aprobados para o comezo do ano e ter bloqueados os pagos a proveedores ata o 2016”


O Grupo de Goberno do PP ten sen aprobar os presupostos do ano 2016, cando é un documento que prometeron ter presentado para o mes de Outubro e que ata o día de hoxe seguimos esperando a que nos presenten para poder facer suxerencias e correccións, como solicitamos formalmente e por escrito.

É incrible que un grupo de goberno con maioría absoluta como o do PP de Calvelo teña a día de hoxe sen rematar os presupostos de 2016 e indica a falla de capacidade de xestión do equipo de goberno  e o peor de todo e que teñan paralizada a administración, con partidas totalmente liquidadas e sen capacidade para poder cumprir os compromisos de gasto adquiridos polo noso concello.

Neste senso son algúns os proveedores do concello que nos mostraron a súa inquietude por ter indicacións da propia administración local para non presentar facturas ata o ano que ven por non ter capacidade de pagar gastos comprometidos para este ano, gastos que ademais non son de cuestións aparecidas agora se non que son gastos correntes de diario.