Socialistas de Arteixo

View Original

“O PP de Calvelo incumpre sistematicamente o que aproba nos plenos, só para dar unha falsa imaxe de participación e transparencia”


A principios do mes de Outubro, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo presentaba unha moción de apoio a Marcha das mulleres do 7 de Novembro, nesta moción poñíanse sobre a mesa moitos acordos, entre eles: “Colocar o 7 de novembro de 2015 na fachada do Concello unha pancarta violeta coa lema "contra as violencias machistas" e promover activamente a participación cidadá na Marcha deste día”. O PSdeG-PSOE introduciu algúns acordos propostos polo BNG e aprobouse a moción por unanimidade, co voto afirmativo do Grupo de Goberno do PP.

Estes días pasados, fomos conscientes de que o PP non tiña pensado levar a cabo os compromisos desta moción, xa que para promover activamente a participación na marcha do 7 de Novembro debería de ter levado a cabo algún tipo de iniciativa e nin tan sequera fixo publicidade da existencia desta, só hoxe o Grupo Socialista recibiu unha chamada da Concelleira de Servizos Sociais, chamada que agradecemos, desculpándose por non ter a tempo a pancarta para esta data.

Dende o Grupo Municipal Socialista advertimos que dende o PP de Arteixo se lle está a tomar o pelo aos cidadáns de Arteixo e aos seus representantes políticos, aprobando cuestións en pleno que logo incumpren sistematicamente. Polo tanto, da igual o tema que os cidadáns veñan a propoñer a casa de todos, porque o PP pode aprobar as súas reivindicacións para logo facer o que lle veña en gana, resúltalles exactamente igual aprobar unha moción na que se reclame calquera cousa a outra administración, xa que estamos case seguros, que despois incumpren o acordo e non lle envían a resolución de dita moción aos interesados.

O Grupo Municipal Socialista solicitaremos o xustificante do envío dalgún destes acordos aprobados en pleno ao goberno do Estado, da Xunta, aos grupos parlamentarios, … a ver se estamos ou non no certo. O que queda claro é o que lle importan ao PP de Arteixo as políticas de muller e a violencia de xénero, porque se non son capaces de cumprir a parte máis xestual dunha moción, non creo que se paren a cumprir a parte de políticas activas de igualdade.