MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE OS PENSIONISTAS EXTRANXEIROS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Rematado o prazo establecido polo goberno para a regularización das pensións das persoas emigrantes ante a facenda pública é necesario facer balance dos resultados conseguidos con esta regularización e das cuestións pendentes de resolver por parte da administración para dar igual trato aos pensionistas emigrantes que a os outros pensionistas.
A regularización da situación tributaria das persoas pensionistas emigrantes tíñase que facer de oficio e non a instancias dos mesmos, posto que podía suceder que moitas persoas non accederan a este trámite polas súas propias facultades de mobilidade, recursos, etc,... Aínda hai colectivos que solicitan ampliación d prazo de regularización e tamén anomalías na propia regularización, como non recoñecer as sentencias xudiciais xa existentes sobre as pensións de Alemania exentas de tributar antes do 2013.
Consideramos ademais que o feito de que a maior parte das persoas afectadas non teñan recoñecidas en España as súas incapacidade perxudica gravemente a súa situación comparativa ante a facenda pública polas exencións que non disfrutan.
Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo somete a votación a seguinte MOCIÓN para aprobar os seguintes ACORDOS propostos pola FEAER “Federación Española de Asociaciones de Emigrantes Retornasdos” dirixidos ó Goberno de España:
- Unha tributación apropiada da renda dos emigrantes retornados atendendo á orixe das mesmas e a súa connotación histórica, tendo en conta que son pensións extranxeiras que se xeran no exterior e revirten na economía nacional.
- A AEAT debe asumir con carácter xeral as sentenzas dos Tribunais Superiores de Xustiza que dan como exentas as rentas procedentes dos organismos de pensións alemanas, respetando os convenios bilaterais e procedendo a devolución de oficio das cantidades recaudadas por este concepto.
- Establecer os medios necesarios para que, como calquera contribuinte, o pensionista emigrante retornado reciba o seu borrador da declaración de Facenda con todos os ingresos a declarar.
- Que se establezan os mecanismos necesarios para a homologación ou convalidación das pensións de invalidez provintes de países extranxeiros e o reconocimento automático das mesmas por parte da administración española.
- Conceder unhas medidas de aplazamento extraordinario acorde ao proceso de regularización que se levou a cabo, anulando os intereses xerados por eses fraccionamentos. Na maioría dos casos a AEAT non respetou un mínimo vital de supervivencia.
- A devolución de oficio das sancións e recargos aplicados inxustamente que non foron reclamadas polos retornados, cantidade que según a AEAT elévase a sete millóns de euros.
- A devolución de oficio das cantidades derivadas do período de regularización ata o ano 2012 incluído. Entendemos que o Goberno asumiu un erro ao establecer este período voluntario e por tal motivo tería que anular o efecto retroactivo que contempla a Lei Fiscal.