Socialistas de Arteixo

View Original

ROGO pedindo o troco de sistema para apuntarse aos eventos e actividades en Arteixo


A mediados do ano 2012, o Grupo Municipal Socialista solicitou do Goberno Local de Carlos Calvelo un troco no sistema utilizado para apuntarse aos eventos organizados polo Concello, onde se utilizaba a orde de chegada á inscripción en lugar de establecer un prazo de solicitude, para logo proceder a un sorteo puro entre os solicitantes.  

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo, despois de ver como segue sendo a orde a de chegada o método utilizado para case que todas as iniciativas da nosa administración, actividades culturais, lúdicas, deportivas,… ROGAMOS do goberno local o compromiso de trocar este inxusto sistema, que prima a aqueles que teñen máis tempo libre para poder acceder á primeira hora aos lugares de inscripción e penaliza a aqueles que por motivos de traballo ou de ocupación non poden asistir con premura a apuntarse a certos eventos. Ademais entendemos que esta fórmula prima as facilidades para que xurdan os amaños e as trampas para acceder a participar nestes eventos. Procedendo a establecer como método oficial o sorteo público entre os solicitantes apuntados nun prazo determinado a cada evento.