Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Concello debe esixir das administracións autonómica e estatal a reposición do espazo e pintado das paradas de bus no barrio do Quinto Pino en Pastoriza”


No día de onte, os veciños do Quinto Pino informaron aos representantes do Partido Socialista que os responsables da obra de enlace co acceso ao Porto de Langosteira estaban pintando o vial que comunica este barrio con A Coruña e Arteixo e neste pintado non aparecían as paradas de bus que utilizan para desprazarse e incluso non sabían onde se ía a situar a parada en dirección cara A Coruña, tendo máis facilidade para situala cara Arteixo. 

Dende o Grupo Municipal Socialista preguntarémoslle no pleno por este tema ao Grupo de Goberno do PP e esixiremos que este barrio siga mantendo ditas paradas de fácil e seguro acceso para tódolos veciños dun barrio xa suficientemente degradado polas infraestruturas.

Ademais cremos necesaria a posta en marcha dun plan de inversión neste barrio para compensalo pola continua degradación que está a sufrir e que debería de ser agora beneficiado en infraestrutura e servizos.