Socialistas de Arteixo

View Original

Rogo do PSdeG-PSOE de Arteixo ao goberno municipal que inclúa ao noso municipio na rede de vilas e cidades refuxio para os exiliados sirios


Tras as chamadas Revolucións da Primavera Árabe do ano 2011 e as guerras, prodúcese en varios países da África subsahariana (Siria, Afganistán,...) unha grave crise humanitaria na cal centos de miles de persoas cruzan o Mediterráneo en busca de refuxio, escapando da morte case segura que lles espera se continúan nos seus países. Só polo conflito sirio 4 millóns de persoas se viron obligadas a desplazarse a países como Turquía, Jordania, Iraq e outros do norte de África.


Nestas últimas semanas estamos asistindo a unha situación na cal centos de miles de cidadáns sirios xa desplazados continúan a súa andadura cara a diferentes países europeos en busca de acollida. Os cidadáns españois tamén sufriron situacións de exilio motivadas pola Guerra Civil, e por tanto non debemos ser un país insolidario que se quede impasible observando esta desgraza.

Diversos municipios de todos os tamaños como Madrid, Barcelona, Eibar, A Coruña ou Lalín están tratando de formar unha rede de vilas e cidades refuxio para acoller estas persoas.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista ROGALLE:


Ao goberno municipal do Concello de Arteixo que inclúa ao noso municipio nesa rede de vilas e cidades refuxio; e que ceda temporalmente, e dentro das súas posibilidades, instalacións municipais co obxectivo de acoller a parte dos millares de refuxiados que tratan de obter asilo.

Asimesmo, debemos esixirlle ao goberno estatal que acepte aos 4288 solicitantes propostos ata o de agora pola Comisión Europea, aumentando o presuposto destinado ao asilo e acollida de refuxiados.