Preguntas por la situación de la prometida regularización de los núcleos tradicionales de la nueva ley de costas hecha por Carlos Calvelo al puerto de Suevos, Valcovo, Barrañán y Sorrizo.
Ante a preocupación manifesta dos veciños do Portiño de Suevos pola
inminente amenaza de derribo das súas propiedades e despois de ter
escoitado durante toda a lexislatura pasada as promesas do alcalde
Calvelo, chega o momento de que conteste as preguntas pola situación
deste e os outro nucleos que prometeu legalizar e se non tivo o visto
bo do Ministerio debe dar as explicacións de porque foi así, de porque
ten paralizado o Plan Xeral dende Maio de 2011 e que camiño vai a
seguir agora para intentar solucionar o problema dos veciños do Porto
de Suevos.
O pasado 1 de xullo cumpríronse os dous anos previstos na Disposición transitoria primeira da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da lei 22/1988, do 28 de xuño de costas. Este era o prazo establecido na mencionada disposición transitoria a fin de que por parte dos concellos se puidera instar a que o réxime previsto na Disposición transitoria terceira, apartado 3, da mencionada Lei de costas se aplicara os núcleos ou áreas que a entrada en vigor da Lei 2/2013, non estiveran clasificadas como solo urbano pero que cumpriran os requisitos previstos nos apartados 1.a e 1.b na Disposición transitoria primeira.
O Concello de Arteixo díxolles aos veciños do Porto de Suevos e tamén aos veciños de Valcovo, Barrañán ou Sorrizo que esta lei permitiría regularizar a situación de dos seus núcleos tradicionais de Galicia afectados pola Lei de costas anterior.
Dende o Grupo Municipal Socialista temos a sensación de que o Concello de Arteixo non tramitou a legalización destes núcleos ou se foi tramitada, non debeu de ter unha contestación positiva por parte do Ministerio, ademais temos a sensación de que non se cumprían os requisitos para dita legalización e tampouco se desenrolou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que recibiu o Concello para aprobación inicial en Abril de 2011 e do que foi paralizado en Maio de 2011, coa chegada do actual goberno municipal, cando estaba mandado a informar pola anterior alcaldesa, dita aprobación podería ter sido de gran axuda para conseguir a regularización destes núcleos.
Ante o exposto, o noso Grupo Municipal desexa preguntarlle ao Alcalde do Concello de Arteixo:
¿Solicitou o Concello de Arteixo a regularización dalgún núcleo do noso concello baixo esta modificación lexislativa?,
- ¿Cales foron os núcleos para os que foi solicitada?
- ¿Cal foi a contestación do Ministerio?
- ¿Podería ter sido de utilidade a aprobación do Plan Xeral para dito cometido?,
- ¿Por que paralizaron o desenrolo do Plan Xeral en Maio de 2011?
- ¿Que pensan facer se foi denegada a regularización por parte do Ministerio?