Socialistas de Arteixo

View Original

“Pese as promesas de regularizar os núcleos próximos á costa, o PP de Arteixo ten metido o Plan Xeral nun caixón, a pesar de que as palas chegan ao Portiño de Suevos”


O PP de Arteixo debe de ter maior obriga con algúns aos que non lles interesa ter un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que con tódolos cidadáns do noso concello, en especial con aqueles que contaban coas promesas de Carlos Calvelo de regularizar a situación das súas vivendas, xa que se atopan en núcleos próximos á costa e que poderían ter regularizado a súa situación baixo as opcións que daba a nova lei do solo que permitía regularizar núcleos tradicionais situados a máis de 50 m da costa en determinadas condicións.

O PP de Arteixo segue sen contestar ás preguntas do PSdeG-PSOE sobre a situación da regularización dos núcleos de Suevos, Rañal, Valcovo, Barrañán e Sorrizo, xa que nos consta que o Ministerio amosou a súa negativa a maior parte destas regularizacións, deixando ao goberno da Xunta de Galicia de Núñez Feijoo co cu ao aire, xa que prometera regularizar a situación de moitos concellos de Galicia con esta problemática.

O que si sabemos e o deixaba claro o propio arquitecto contratado polo concello para esta regularización, é que aqueles concellos que contan cun novo Plan Xeral aprobado ou en trámites avanzados, son os que tiveron máis fácil esta regularización ao poder demostrar con este plan a existencia destes núcleos tradicionais, e no caso de Arteixo, sabemos que a alcaldesa Souto mandou informar o Plan remitido pola empresa encargada da redacción antes de rematar o seu mandato, e a chegada do señor Calvelo fixo que meteran dito documento nun caixón pese as promesas de telo aprobado na anterior lexislatura se tiñan a maioría suficiente para facelo e a pesar de que era moi necesaria esta aprobación para algúns cidadáns como os do Portiño de Suevos, xa que con ela se poden estar xogando o futuro das súas vivendas, o que non sabemos é o porque de ter paralizada a aprobación de dito plan e a quen beneficia, pero temos unha pequena idea.

Dende o Partido Socialista solidarizámonos cos veciños da vivenda ameazada de ser derruída esta mañá e estaremos cos veciños deste núcleo no intento de evitar que isto suceda.