Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle ao goberno local medidas para acabar coa praga de ratas que invaden o parque infantil de Barrionovo en Pastoriza


Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo recibimos as queixas por parte dos veciños de Pastoriza que levan aos seus fillos/as ao parque infantil de Barrionovo, xa que están a aparecer ratas invadindo ditas instalacións municipais e facendo imposible o uso deste parque público, único nesta parroquia do noso concello.

Os veciños/as din que dita praga ven derivada da cría de coellos na finca colindante co parque infantil, que ocasiona a aparición desta praga, dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle ao concello que tome medidas para acabar con este problema e localizar se é derivado da instalación de dito criadeiro e se cumpre a legalidade para estar instalado neste lugar.