Socialistas de Arteixo

View Original

O Partido Socialista cumpre a súa promesa de facer públicos os gastos da Agrupación local de Arteixo en período de Campaña Electoral e pídelle ao resto dos partidos que faga o mesmo, en especial a Carlos Calvelo que debe explicar os gastos millonarios do Partido Popular e a orixe do financiamento da súa campaña


 Martín Seco foi referendado onte pola asemblea local do PSOE arteixán como voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo sen ningún voto en contra 


O Partido Socialista fai públicos os seus gastos e ingresos correntes da agrupación local durante a campaña electoral como se comprometera ante as preguntas dalgún periodista durante a lexislatura pasada e durante o transcurso desta campaña. 
A campaña do noso partido estivo baseada en explicar o noso proxecto de futuro para Arteixo e de primar a participación dos veciños tanto na elaboración do programa como no transcurso da campaña de información á veciñanza deste mesmo. En ningún momento o Partido Socialista caeu na tentación de utilizar á administración, as promesas laborais e os pinchos para facer un chamamento ao voto e son outros os que deberían de reflexionar sobre o tipo de campaña que fan e como tratan aos seus electores. 

Unha vez cumprida a promesa de facer públicos estes gastos, facémoslles un chamamento ao resto dos grupos políticos que se presentaron ás eleccións de Arteixo, para que fagan o mesmo e especialmente ao Partido Popular que plantexou unha campaña electoral millonaria, con actos moi custosos en locais de hostalaría, carpas, pinchos, actuacións, anuncios diarios en prensa, múltiples vallas electorais nas estradas, miles de bandeirolas nas farolas,... que deberían de explicar canto lles custaron e de onde sacaron a financiamento para poder levar a cabo unha campaña así, quizá poidamos saber despois o porque da forma de gobernar do señor Calvelo. PSdeG-PSOE de Arteixo Rúa Ferrol 13 2º Izq – Meicende - mail: psoearteixo@gmail.com Teléfono 630123770 


No día de onte reuniuse a asemblea da Agrupación Local de Arteixo para recibir o informe da Executiva local sobre as eleccións municipais e debater sobre este tema, nela o candidato á alcaldía e secretario xeral da agrupación, Martín Seco, agradeceu o apoio e traballo dos seus compañeiros e candidatos que fixo posible que o Partido Socialista aumentase o número de votos e de concelleiros e puxo o seu cargo a disposición da asemblea como antes fixera ante a súa Executiva Local, obtendo o referendo de ambos órganos sen que ninguén votase en contra da súa continuidade como voceiro do Grupo Municipal Socialista, algo que agradeceu, prometendo unha oposición seria, firme e responsable durante toda a lexislatura, por outra parte anunciou que os concelleiros electos do PSOE non presentaran candidato a investidura de mañá e absteranse na elección de Carlos Calvelo como alcalde de Arteixo, deixando claro que o candidato do PP non representa o noso proxecto, pero foi elixido por unha maioría dos cidadáns de Arteixo e polo tanto debe de ser o noso futuro alcalde, unha abstención que espera sexa entendida polo noso mandatario, ofrecendo diálogo e consenso, nunha lexislatura na que debería respectar as minorías e aos miles de cidadáns que non lle votaron e que esperan que se comporte como alcalde de todos e non só dos que lle votan.