O PSOE promete o transporte interparroquial e o servizo de lavandería dentro dun plan para mellorar a vida dos maiores
Martín Seco aposta por iniciativas que incrementen a calidade de vida dos cidadáns
e atender a todos por igual ante o abandono ao que lles someteu Calvelo
A
mobilidade en Arteixo converteuse nun dos seus grandes problemas. A gran cantidade de
barreiras arquitectónicas tanto no centro como nos barrios periféricos e as parroquias, unido á falta dun
transporte que dea servizo a todos os veciños, é un dos asuntos que o PSOE comprométese a abordar en canto chegue ao goberno.
Arteixo necesita un equipo que aposte por mellorar as infraestruturas para os seus veciños, un goberno que atenda as necesidades de todos os barrios e un Concello que,
lonxe de abandonarlles, trate a todos os arteixáns por igual, independentemente de onde residan e se están máis ou menos preto do núcleo urbano.
Por todo iso, unha das medidas principais do candidato socialista, Martín Seco, é precisamente esa, a de pór en marcha o
transporte público interparroquial, que permita aos arteixáns desprazarse desde calquera punto do concello até o centro, facilitando así que poidan realizar todo tipo de xestións, compras ou visitas ao centro de saúde, por pór varios exemplos, sen ter de depender de ninguén.
Os maiores do municipio son un dos colectivos que máis demandaron un servizo que, no obstante, beneficiará a todos por igual.
Así mesmo,
Martín Seco demostra a súa sensibilidade con aqueles que teñen calquera grao de
dependencia e comprometeuse por escrito e ante notario a incrementar algúns dos programas municipais como o de
comida a domicilio ou a instaurar un
servizo de lavandería para os maiores que vivan sós.