Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE comprométese a reducir o índice de pobreza en Arteixo no próximo mandato

Martín Seco asina os compromisos da Rede Galega contra a Pobreza


Martín Seco, líder da candidatura dos socialistas de Arteixo, asinou hoxe os compromisos da Rede Galega contra a Pobreza. Un documento polo que se comprometeu a instaurar unha reforma dos criterios do funcionamento dos Servicos Sociais do Concello, así como a creación dun sistema de comedor para a xente en risco de exclusión social. 

O candidato socialista aposta tambén por instaurar unha cociña, centralizada no novo Centro de Fromación, para escolares, maiores da Baiuca e que tamén dea servizo a domicilio. 

Entre outros compromisos, Martín Seco promete poñer en marcha unha Oficina Municipal de Vivenda, que traballe contra os desafiuzamentos no concello de Arteixo, exercendo a mediación e a adquisición de vivendas públicas municpiais. 

Nesta mesma liña tamén se aposta pola recuperación do Arteixo Solidario no seu concepto máis amplo da celebración e colaboración coas ONG's, o que implicaría, unha inversión do 0,2% do presuposto municipal. O cabeza de lista do PSOE arteixán comprómetese a introducir claúsulas sociais na contratación pública e mecanismos de transparencia na xestión do departamento, informes, audiencia coas persoas usuarias, mellor publicidade dos recursos, diminución da burocracia e facilidade na xestión.

Rede Galega contra a Pobreza

A Rede Galega contra a Pobreza é unha organización non lucrativa e de acción social que reúne as organizacións autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena. 

A agrupación galega nace en setembro de 2008 como reposta natural á necesidade de crear unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estrategias que incidan nas políticas sociais desenovolvidas en Galicia. 

Na actualidade, compónse de 126 ONG a través de 21 entidades membro, representativas de colectivos vulnerables, que conectan en rede os seus esforzos para conseguir sinergias e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, para canalizar e darlle voz as demandas do sector para a introducilas na axenda política.