Martín Seco asina ante notario os 15 compromisos básicos que levará a cabo se goberna Arteixo
O candidato socialista da un paso máis na transparencia
que quere instaurar na política municipal
que quere instaurar na política municipal
O candidato á alcaldía, Martín Seco, foi o encargado de selar este pacto coa cidadanía na notaría de Luís Gómez Varela, nun acto que contou coa presenza de varios membros da lista do PSOE arteixán.
Tras a rúbrica, Martín Seco explicou que se trata de quince compromisos ineludibles nos que baseará a súa política no caso de que os cidadáns así o consideren e que defenderá como condición imprescindible se tivese que chegar a acordos con outras forzas.
Ademais, con esta sinatura, o candidato socialista, en caso de non cumprir, non se presentaría de novo ás eleccións.
Achégase o documento asinado esta mesma mañá con eses 15 puntos.
1.- Un concello aberto ao pobo
O noso concello obtén só 18 puntos de 142 posibles no índice DYNTRA de transparencia, para corrixilo elaboraremos unha
nova Ordenanza de Transparencia Municipal
ata obter un índice dos máis altos do noso país, publicando presupostos, proxectos, actas, convenios, actas, retribucións, datos dos representantes públicos, etc... Crearemos tamén unha
nova web municipal
e aplicacións móbiles para adaptar o concello á realidade social actual, cun
Foro Municipal
para que a cidadanía opine sobre os proxectos, obras e inversións, un
Buzón Municipal,
para contactar co concello e obter resposta directa (avisos de desperfectos e avarías, preguntas ao alcalde e concelleiros/as, ...),
un Portal de Transparencia
onde veña recollida a información e documentación municipal, que incluirá tamén a posibilidade de pedir cita co alcalde e concelleiros/as.
Ademais:
-
A cidadanía poderá participar directamente na asignación dunha porcentaxe do presuposto municipal .
-
Limitaremos o mandato do noso alcalde a oito anos .
-
Publicaremos a axenda xeral do alcalde .
-
Abriremos o rexistro municipal polas tardes .
-
Poñeremos en marcha unha sede administrativa na zona norte .
-
Realizaremos consultas sobre cuestións importantes .
-
Reformaremos e revitalizaremos o sistema de Consellos veciñais .
-
Instalaremos taboleiros informativos en tódalas parroquias .
-
Reduciremos significativamente o número de asesores e dedicacións exclusivas , así como as dietas dos concelleiros de goberno.
2. Nova radio e boletín Municipais
O goberno do PP cesou
as emisións de Radio Arteixo
e nós
recuperarémolas con máis e mellor programación
, plural, garantindo o dereito á información e á participación a veciños e grupos políticos e sociais. Tamén volveremos a
editar o antigo Boletín Municipal
de información ao cidadán.
3.- Os Plenos, para os veciños
O actual horario dos plenos (9 da mañá) non permite acudir aos veciños que, noutro horario, si poderían facelo. Ademais, cremos que os cidadáns deberían ter a posibilidade de intervir. Por iso, comprometémonos a
celebrar os plenos ordinarios ás 20:00
, a habilitar neles a
participación veciñal
(Concelleiro 22), a
retransmitilos pola web
(canal YouTube) e pola radio municipal e faremos públicas as ordes do día e actas.
4.- Redución Índice de Pobreza
Asinaremos os
compromisos da Rede galega contra a pobreza
, cunha reforma dos criterios do funcionamento dos Servizos Sociais, a creación dun sistema de comedor para a xente en risco de exclusión, a aposta por unha cociña centralizada no novo Centro de Formación, para escolares, maiores da Baiuca, e a domicilio. Poñeremos en marcha unha
Oficina Municipal da Vivenda
, que traballe contra os desafiuzamentos exercendo a mediación e a adquisición de vivendas públicas municipais. Recuperaremos o
Arteixo Solidario
no concepto máis amplo da celebración e colaboración coas
ONG´s cun 0,2% do presuposto
, introduciremos
cláusulas sociais na contratación pública
e mecanismos de transparencia na xestión do departamento, informes, audiencia coas persoas usuarias, mellor publicidade dos recursos, diminución da burocracia e facilidade na xestión.
5.- Redución do Desemprego
Aumentaremos
a taxa de ocupación do noso concello
, con medidas como a creación da
Axencia Local de Emprego
, que dinamice o noso tecido económico, cun sistema novo de
Orientación Laboral e Asesoramento a empresas
e autónomos, unha mellora nos cursos de formación ocupacional, a creación dun
viveiro de novas empresas locais
, un sistema de
apoio a creadores e emprendedores
, con beneficios fiscais e obtención de
microcréditos
, encargo dun
estudio da actividade industrial
e as posibilidades de desenvolvemento, a aposta polo
co-working e as TIC´s
, estudio sobre a futura posta en marcha
dun Centro Tecnolóxico sobre o Deseño Téxtil
, creación dunha
nova Bolsa de Emprego
e igualdade de oportunidades con sistemas de rotación no emprego local.
6.- Baixada de taxas e impostos
Arteixo conta cun elevado número de parados e persoas en risco de exclusión social e existen tamén moitos cidadáns con nóminas reducidas que sofren para poder manter ás súas familias. Nun concello con superávit, pódese (e débese) reducir a presión fiscal que soportan os nosos cidadáns, adecuando as taxas e impostos municipais aos seus ingresos. Polo que nos comprometemos a
baixar a presión fiscal do noso municipio
. Ademais, é preciso habilitar novas bonificacións e fórmulas para pago fraccionado .
7.-Plan de autonomía persoal e eliminación de barreiras
Co gallo de asegurar a plena inclusión social das persoas con calquera tipo de discapacidade, elaboraremos un
Plan de apoio aos discapacitados
, que incluirá
a promoción de emprego
para este colectivo, medidas para
a eliminación de barreiras arquitectónicas
e o
fomento da mobilidade
coa posta en marcha dunha liña de axudas neste ámbito.
8. Plan de seguridade cidadá e viaria e fomento da mobilidade (pedibus)
Negociaremos coa administración central a devolución das competencias dos controis de tráfico, poñeremos en marcha a
policía de barrio
e abriremos unha
comisaría na zona norte do Concello
, coa intención de aumentar a seguridade dos veciños e comerciantes. Crearemos
novas sendas peonís nas parroquias
e iniciaremos un
servizo de pedibus
escolar (acompañamento a pé dos nenos ao colexio). Desenvolveremos un ambicioso
plan para a seguridade do viandante
, con especial incidencia nos pasos de peóns e na creación de prazas de aparcamento.
9. Apoio ao comercio, fomento do turismo e construción dun espazo multiusos
Apoiaremos ao comercio e á hostalaría cun servizo de
asesoramento, subvencións, cun sistema de obtención de microcréditos
e, por suposto,
melloras na iluminación, beirarrúas e mobiliario urbano
. Construiremos un
espazo multiusos
para eventos, feiras, actividades culturais e deportivas, actividades para os máis pequenos, etc. Fomentaremos o turismo con
máis e mellores instalacións nas praias
, boa planificación urbanística en Barrañán, Valcobo e O Rañal, co
fomento do patrimonio e da súa sinalización,
con
melloras en parques como Monticaño
, nos
eventos deportivos
, nas
romaxes
, nas
zonas verdes
, etc.
Remataremos o Paseo Fluvial ata O Rañal
, creando un sistema de aluguer de bicicletas nel, e
planificaremos unha infraestrutura para o desenvolvemento de deportes acuáticos e de area na praia de Alba en Sabón.
10. Oficina de Afectados pola industria e as infraestruturas e Control medioambiental
Ante a industria e as infraestruturas cómpre garantir a calidade de vida dos nosos veciños e conseguir o difícil equilibrio entre industria e benestar. Avanzaremos creando unha
Oficina de afectados pola industria e a infraestrutura
, onde se
asesore, axude e actúe para garantir unha vida saudable da nosa veciñanza
. Poñeremos a traballar ao departamento de Medio Ambiente para
controlar os verquidos, a actividade industrial, e garantir a calidade da nosa auga, o noso solo e o noso aire
.
11. Dotar de servizos aos barrios e parroquias, cobertura de parques infantís e ludoteca
Os barrios periféricos do núcleo de Arteixo, das parroquias da zona norte e parroquias enteiras da zona sur, carecen dos servizos públicos axeitados: prazas, xardíns, parques, etc. Dende o goberno poñeremos en marcha un plan para
investir naqueles lugares menos desenvoltos
,
cubriremos varios parques infantís e biosaludables
e poñeremos en marcha a
Ludoteca Municipal
como servizo de respiro para os pais e nais.
12.- Descentralización de servizos
Coa intención de avanzar no desenvolvemento das parroquias que non son o núcleo de Arteixo e facelos partícipes da administración local comezaremos a levar servizos cara elas, como unha oficina
de rexistro municipal para a zona norte
, unha
nova comisaría de policía
, a
instalación deportiva para fútbol, rugby e atletismo
ou
o proxecto dunha segunda piscina municipal
.
13.- Apoio aos creadores, celebración das festas, Casa da música e festival na Canteira de Barrañán
Os socialistas comprometémonos a poñer en marcha un
Festival de Música na canteira de Barrañán
para ir convertíndoo pouco a pouco en referencia nacional. Tamén cremos que o Concello debe
apoiar e impulsar aos creadores
con certames, concursos, ciclos, becas e prácticas no exterior. Ademais, o concello debe
asumir a organización das festas municipais
e construír
a Casa da Música con locais de ensaio e gravación
.
14.- Aprobación dun Plan Xeral para todos e con participación social
Se contamos coa maioría necesaria, os socialistas de Arteixo comprometémonos a
desenvolver un Plan Xeral para todos
, sen mans negras e
participado polos representantes políticos, sociais e pola cidadanía en xeral
.
15.-Creación do Servizo de Transporte Interparroquial e Lavandería
O noso compromiso é facilitar a mobilidade dende as parroquias cara os núcleos urbanos, onde os veciños poidan facela compra, ir a farmacia, ao centro de saúde, ao banco, a perruquería ou a calquera tipo de xestión administrativa, polo que
implantaremos un servizo para que os veciños se poidan mover tódalas semanas dende as parroquias cara os núcleos urbanos
. Tamén
aumentaremos o servizo de comida a domicilio con lavandería para maiores
que se atopen solos.