Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialsitas esixen mellor organización para que os veciños de Rañobre non queden sin bus polas obras de Suevos

Martín Seco pide maior control nas voladuras para a
construción dos accesos ao Porto Exterior


O grupo municipal socialista de Arteixo lamenta a cancelación do servizo do autobús de liña pola zona de Rañobre a consecuencia das obras que se están a realizar en Suevos para o acceso ao Porto Exterior. O voceiro socialista, Martín Seco, que estivo esta semana visitando a zona e coñecendo as demandas dos residentes, critica que os veciños quedaran sen este servizo público que, para moitos deles, é unha das principais vías de transporte.
Nesta líña, Martín Seco esixe unha mellor organización á administración para que non sexan os veciños os que sufran as consecuencias dunhas obras que lles afectan no seu día a día.
Así memo, o portavoz e candidato á Alcaldía, chama a atención sobre a falla do control das voladuras que se están a acometer no Porto Exterior e dí que o malestar que provoca nos veciños da zona é moi grande.
Na súa visita a Rañobre, Martín Seco lembrou o seu compromiso de crear unha oficina de atención aos afectados pola industria e as grandes infraestruturas, que facilite aos veciños a información e asesoramento que precisen para defenderse das agresións que sufren pola proximidade das súas vivendas.
Os socialistas continúan estes días coñecendo á realidade de tódalas núcleos arteixáns, escoitando aos veciños e atendendo as súas demandas. Así mesmo, manteñen aberto o canle do seu Programa Aberto e chaman a cidadanía a participar nesta campaña, que pretende incorporar as propostas dos veciños de Arteixo no programa electoral socialista. A través dos perfís do candidato Martín Seco no Facebook e Twitter, e mesmo no correo electrónico participa@martinseco.com ou na web www.martinseco.com/ os cidadáns poden facer chegar as súas suxerencias. A campaña “Deixanos ver polos teus ollos” seguirá aberta todo o mes de abril.