Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas comprométense a facer públicas as contas do partido nun proceso electoral marcado pola austeridade e a transparencia

O PSOE solicita a colaboración económica desinteresada de
militantes e simpatizantes para desenvolver a campaña

Cando apenas restan 40 días para as eleccións municipais, o PSOE de Arteixo fai un chamamento aos seus militantes e simpatizantes co fin de solicitarlles a súa axuda de cara a desenvolver a campaña electoral.
Neste sentido, os socialistas piden aos seus unha axuda económica desinteresada co fin de, durante estes días, poder chegar a tódolos cidadáns .
O PSOE comprométese a levar a cabo unha campaña austera, cun exhaustivo control do gasto . Actualmente, os fondos proceden do diñeiro aforrado polas achegas persoais dos concelleiros da corporación, así como de fondos recadados polas cotas da militancia .
Así mesmo, os socialistas de Arteixo comprométense a facer públicas as contas da campaña e a que esta estea marcada por unha xestión austera e transparente no que se refire a todos os gastos que teñan lugar no marco da mesma.
Unha iniciativa que o PSOE convida o resto de partidos a pór en práctica, especialmente ao PP , para que teñan o valor de facer públicas as súas contas e gastos e non comprar con suntuosos actos e grandes comilonas a aqueles cidadáns que participan nelas, algo que o PSOE nunca fará.

Por todo iso, o PSOE facilita o seguinte número de conta en La Caixa para que aqueles que así o consideren poidan realizar a súa doazón económica: 2100 5097 23 0200128210 .